Asoporcel


Asociación de criadores de gando Porcino Celta

A súa principal finalidade é a de recuperar, preservar, fomentar e difundir a raza autóctona Porcina Celta para a súa produción en réxime tradicional, así como preservar os recursos xenéticos da mesma.

A asociación comeza coa posta en marcha dunha actividade de cria de porco celta no monte de Nebra, en 2012, comprometéndose a asociación a un réxime de 3 anos de traballos continuado e 2 anos de asesoramento na continuidade por parte da Comunidade.

Páxina web: http://asoporcel.es/
Contacto: asoporcel@asoporcel.es