Lexislación de montes

Normativa de forestal (Montes): Normativa Autonómica

Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia
Esta lei ten por obxecto establecer o marco normativo dos montes ou terreos forestais existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, de conformidade co establecido na Constitución española, no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei estatal 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
(PDF, en galego) (PDF, en castellano)

DECRETO 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal

(PDF, en galego) (PDF, en castellano)

Decreto 260/1992, do 4 de setembro (aprobación Lei 13/1989, do 10 de outubro)
Para os efectos deste regulamento, enténdese por monte veciñal en man común os terreos radicados na comunidade autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños
(PDF, en galego) (1) (2) [copia completa] | (PDF, en castellano) (1)


LEI 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común
Son montes veciñais en man común e rexeranse por esta Lei os que, con independencia da súa orixe, das súas posibilidades productivas, do seu aproveitamento actual e da súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cuotas polos membros daquelas na súa condición de veciños.
(PDF, en galego) [copia] | (PDF, en castellano)


Outras normativas
LEI 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia
Esta lei indica as contornas de protección e zonas de amortecemento dos bens inmobles declarados de interese cultural ou catalogados, co obxecto de reforzar a súa protección.
(PDF, en galego) [copia] | (PDF, en castellano)
Esta lei ten por obxecto establecer normas encamiñadas á protección, conservación, restauración e mellora dos recursos naturais e á adecuada xestión dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, ademais da xea da comunidade autónoma galega, á difusión dos seus valores, así como á súa preservación para as xeneracións futuras.
 
Lei de patrimonio natural de Galicia (BORRADOR)
Esta lei ten por obxecto establecer o réxime xurídico aplicable no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia para garantir a conservación, o uso sostible, a mellora e a restauración do patrimonio natural e da biodiversidade.